Presentación

A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa configúrase como o órgano central, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, organismos autónomos, entes públicos, fundacións e empresas públicas da Administración da Comunidade Autónoma, coa exclusión do sistemas sanitario, educativo e xudicial, para impulsar actuacións de modernización e reforma administrativa co obxectivo de acadar unha administración pública eficaz, eficiente e orientada á prestación de servizos de calidade á cidadanía.