Cartas de Servizos

A Xunta de Galicia considera as Cartas de Servizos como unha importante e útil ferramenta de xestión da mellora continua da Administración pública, pois permiten analizar os niveis de calidade na prestación dos servizos, adquirir explicitamente compromisos concretos orientados a dar satisfacción ás expectativas e necesidades detectadas da cidadanía e facer públicos os resultados obtidos no cumprimento dos devanditos compromisos.

Corresponde á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (en diante DXARA) o labor de impulso, promoción e apoio do Programa de Cartas de Servizos na organización da Xunta de Galicia, e para ese efecto, póñense a disposición de todos os departamentos e organismos interesados algunhas ferramentas axeitadas para facilitar a elaboración, seguimento e xestión das Cartas de Servizos.

Programa de Cartas de Servizos da Xunta de Galicia