Casinos, bingos e máquinas recreativas

Casinos

  • Información sobre casinos.
  • Autorización de instalación e funcionamento de casinos de xogo.
  • Autorización dos xogos de casinos previstos no Decreto 112/2005, do 14 de abril, polo que se aproba o regulamento do xogo do póker nos casinos da Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 177/2007, do 30 de agosto, polo que se modifica o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.
  • Inspección de casinos e xogo ilegal de xogos exclusivos de casinos.

Bingos

  • Rexistro do xogo do bingo.
  • Información sobre o xogo de bingo.
  • Autorización e inscrición das empresas de bingos e salas de bingo.
  • Modificacións das autorizacións e inscricións das empresas de bingos e salas de bingo.
  • Autorizacións de peches temporais e definitivos das salas de bingo.
  • Homologación e autorización de aparellos de xogo de bingo e máquinas recreativas e de azar nas salas de bingo.
  • Inspección de empresas e salas de bingo e xogo ilegal de xogos exclusivos de salas de bingo.

Máquinas recreativas e de azar

  • Rexistro de empresas de xogo.
  • Rexistro de modelos de xogo.
  • Información sobre as máquinas recreativas e de azar.
  • Catalogación dos prototipos de máquinas.
  • Homologación e inscrición dos modelos das máquinas recreativas e de azar no Rexistro de Modelos.
  • Autorización de cesión de modelos inscritos.
  • Recoñecemento de modelos e certificacións de laboratorios.
  • Modificación das autorizacións e inscricións nos modelos inscritos.
  • Cancelacións de inscricións no rexistro de modelos.
  • Autorizacións de probas con prototipos de modelos.
  • Autorización de exhibición de prototipos de modelos en feiras e exposicións.
  • Autorización e inscrición de empresas no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo como fabricantes e importadores, comercializadoras e distribuidoras, operadoras de máquinas e servizos técnicos, titulares de salóns recreativos e de xogo, prestadoras de servizos de interconexión e establecementos autorizados para dispoñer de máquinas recreativas e de azar.
  • Autorización das modificacións e devolucións das fianzas das empresas inscritas no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo.
  • Modificacións das inscricións no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo.
  • Información sobre a viabilidade dun salón recreativo e de xogo.
  • Autorizacións de instalación e permiso de apertura de salóns recreativos e de xogo.
  • Revogación de autorización de instalación de salóns recreativos e de xogo.
  • Autorización de modificacións substanciais de salóns de xogo.
  • Tramitación de procedementos sancionadores en materia de máquinas e salóns.