Que é o Tribunal do Xurado?

Desde a implantación do Xurado no Ordenamento Xurídico Español, nas audiencias provinciais celébranse sorteos entre os cidadáns e cidadás dos ámbitos territoriais destes órganos xurisdicionais para a elección de xurados que participarán nun xuízo determinado, como dereito e deber da cidadanía a participar en determinados actos xudiciais.

Nestes sorteos, desígnanse aleatoriamente 36 candidatos/as a xurados, dos que se seleccionan 9 para participar no Xuízo. Se vostede ten sido designado entre os 36 cidadáns ou cidadás aspirantes a xurados, de momento só é candidato/a a xurado.