Funcións e competencias

A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes materias:

  • Información e asistencia ao Goberno, nas súas relacións co Parlamento de Galicia.
  • Seguimento do programa lexislativo e dos acordos adoptados polo Parlamento de Galicia.
  • Organización e coordinación dos procesos electorais que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a representación da Xunta de Galicia naqueles procesos electorais aos cales fose invitada como observadora.
  • Seguimento das iniciativas tramitadas nas Cortes Xerais ou noutras Comunidades Autónomas, que puidesen ter algunha relación coa Comunidade Autónoma de Galicia. Determinación do departamento da Xunta de Galicia que debe dar resposta ás iniciativas parlamentarias que se presenten na Cámara.
  • Representación da Comunidade Autónoma de Galicia no que atinxe ás relacións institucionais coa Administración e Goberno do Estado, así como coas restantes administracións e gobernos doutras Comunidades Autónomas.
  • Rexistro dos convenios que sexan autorizados polo Consello da Xunta e dos que outorguen os departamentos, organismos autónomos e entes de dereito público da Administración Autonómica.
  • Legalización de sinaturas de documentos da Comunidade Autónoma de Galicia que vaian producir efectos no estranxeiro.
  • Representación da Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión Mixta de Transferencias e nas Comisións Bilaterais de Cooperación entre a Administración Xeral do Estado e a Administración Autonómica, así como naqueles foros nos que sexa necesaria a súa presenza e non este predeterminado o departamento que deba asistir por razón da materia a tratar, cando así sexa acordado polo Consello da Xunta.
  • O seguimento da normativa do Estado dende o punto de vista do reparto constitucional e estatutariamente establecido co fin de salvagardar as competencias da Comunidade Autónoma galega, así como a tramitación dos procedementos de conflitividade constitucional.
  • Representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos supostos nos que lle sexa encomendada polo seu titular.
  • Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.