- Acceso ao módulo WebAIX de solicitantes baremados e non incluídos nas bolsas de persoal interino.
Está prevista para o día de hoxe (02/11/2010) a posta en funcionamento do módulo de 'WebAIX' que permitirá ás persoas que figuran na lista de admitidos non seleccionados para as bolsas de traballo ou reserva de interinos (a denominada 'reserva da reserva') consultar a súa situación na lista así como a posición do último chamamento efectuado.
Cómpre salientar que os interesados poderán acceder a través do enlace á web AIX existente na páxina web da nosa consellería coincidindo a súa conta de usuario co DNI. A chamada a unha bolsa de reserva depura a situación do interesado en todas as listas da 'reserva da reserva' (desaparece delas). - Resolución do 23 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as listaxes definitivas de incluídos nas bolsas de traballo e de reserva de médicos forenses interinos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).
- Resolución do 26 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproban as listaxes definitivas de incluídos nas bolsas de traballo e reserva de funcionarios interinos dos corpos xerais ao servizo da administración de Xustiza en Galicia.
Listaxes definitivas das bolsas de traballo e de reserva
| A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
Listaxe definitiva de excluidos
| A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
- Listaxes de admitidos e baremados non incluídos nas bolsas
| A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
- Orde do 10 de febreiro de 2009 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
- Resolución do 31 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
- Corrección de erros - Resolución do 31 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
- Orde do 13 de agosto de 2010 pola que se modifica a Orde do 10 de febreiro de 2009, sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.