Os riscos tecnolóxicos son os propios das sociedades desenvolvidas e derivados do progreso industrial.
Neste apartado atópanse os de orixe química, os xerados polo transporte de mercadorías perigosas ou mesmo a falta de subministracións básicas (luz, auga, electricidade, gas, etc.).
Nas instalacións industriais o risco atópase principalmente en:
Instalacións de procesos
Nelas prodúcense as transformacións dos elementos e materiais necesarios que forman a base da empresa. Normalmente, no proceso non están involucradas grandes cantidades de substancias, sendo o perigo máis importante dentro da propia instalación que o externo (poboación). Non obstante, o desencadeamento de reaccións incontroladas, ou outros sucesos relacionados poden afectar a outras zonas da instalación industrial e producir situacións de emerxencia por extensión do accidente.
Instalacións de almacenamento
Son as zonas onde se almacenan as substancias e materiais necesarios que se empregarán nos procesos industriais. Nalgúns casos os grandes almacenamentos de substancias poden presentar un risco importante en caso de fuga ou incendio.
Conducións
En determinados procesos existen substancias que se transportan superficial ou subterraneamente desde as empresas subministradoras ata outros puntos, mediante conducións como gasodutos ou oleodutos. Estas canalizacións poden ser a orixe de accidentes ou fugas.
Que é un accidente?
Os accidentes son situacións de emerxencia orixinadas polos seres humanos, xeralmente por omisión ou deixamento no cumprimento de normas, exceso de confianza, neglixencia ou conduta imprudente, erros humanos ou fallos tecnolóxicos.
A orixe é o ser humano ou a tecnoloxía que utiliza e ocorren de modo inadvertido ou casual.
Os máis habituais son: