Estás en: Portada / Organización

Organización

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza atende as necesidades transversais do Goberno e dirixe a infraestrutura organizativa e institucional da comunidade autónoma.

Correspóndelle a esta Consellería levar a cabo tarefas de apoio ao presidente e de coordinación do Goberno, especialmente nas súas relacións co Parlamento. Ademais, exerce a dirección, coordinación e execución das atribucións que ten asumidas en materia de Xustiza, Interior, Emerxencias e Administración local.

Finalmente compételle a esta consellería as relacións con outras administracións e o Goberno central, o traspaso de competencias, a defensa dos intereses galegos na Unión Europea e velar pola calidade dos procedementos administrativos e dos servizos públicos galegos.

Saúdo do vicepresidente e conselleiro

A coordinación dunha administración aberta, eficaz, transparente e austera constitúe un dos grandes desafíos das democracias contemporáneas. O Goberno galego...