Servizos web ao funcionario

Cubra, a través deste portal, de forma cómoda e segura as súas solicitudes de permisos, reincorporación ao posto de traballo despois de enfermidade, licenza por estudos, axudas do programa de acción Social,  cursos de formación continua, vacacións. Ademais, pode consultar o cómputo acumulado polo sistema automatizado de control horario e imprimir os partes de incidencias.

Lembre que é preciso imprimir a solicitude, asinala por vostede, recoller a sinatura do director funcional (secretario xudicial, fiscal xefe, etc) e remitila por correo ao Servizo de Xustiza da respectiva xefatura territorial (as licencias por estudos remitiranse ao Servizo de persoal da Dirección Xeral de Xustiza).

O portal incorporará á súa solicitude unha pegada informática que permitirá un funcionamento máis eficiente da xestión de persoal e, asemade, facilitarlle a vostede un sinxelo xeito de consulta do estado da súa solicitude.