Ano 2007

  • REAL DECRETO 395/2007, DO 23 DE MARZO, POLO QUE SE REGULA O SUBSISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO.

    O conflito positivo formulouse en relación aos artigos 3 b), c) e e); 5.1.b); 6.2 e 4; 12.1; 13; 14; 15; 16; 17; 19; 21; 22; 24.2 e 3; 25.4 e 5; 27.1, 2, 5 e 6; 28.2, 3 e 4; 29; 30; 31; 32.4; 33; 34; 35, 36.3; 37.2; 38.1; disposición adicional primeira e disposición final primeira do Real Decreto 395/2007.

    Estado actual: O conflito positivo de competencia nº 6767-2007 admitiuse a trámite polo TC (BOE 24/09/2007).
  • ORDE TAS/1051/2007, DO 18 DE ABRIL, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO SOCIAIS CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS.

    O TC ditou a sentenza 40/2013, do 14 de febreiro de 2013 (BOE 12.03.2013), pola que resolve estimar parcialmente o conflito positivo de competencia núm. 6893-2007 interposto pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, declarar que vulneran as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os artigos 1, salvo no que se refire ao obxecto da convocatoria; 5, 6, 7, 8, en canto ao establecemento do baremo aplicable, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20, así como os anexos C, I, II, III e IV da orde referida.
  • REAL DECRETO 1028/2007, DO 20 DE XULLO, POLO QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PARA A TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE XERACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA NO MAR TERRITORIAL.

    Estado actual: O conflito positivo de competencia nº 9061-2007 admitiuse a trámite polo TC (BOE 31/12/2007).