O Rexistro de Prohibidos é un rexistro que permite que todas as persoas adultas que o desexen poidan cubrir un formulario e ser inscritas como persoa que, voluntariamente, renuncia a acceder a unha sala de bingo ou a un casino.
Documentación que hai que presentar
A ter en conta
Non debe confundirse esta renuncia coas prohibicións normativas e que afectan nos salóns de xogo, bingos e casinos a menores de idade e a persoas maiores de idade que non se atopen en pleno uso da súa capacidade de obrar do artigo 4 da vixente lei de xogo.
Non debe, así mesmo, confundirse esta renuncia coas prohibicións que, para acceder ás salas de bingo, establece a normativa de bingo e que afecta ademais das dúas situacións anteriores ás persoas que porten armas ou obxectos que poidan utilizarse como tales, ás persoas que dean mostras evidentes de atoparse en estado de embriaguez o intoxicación por drogas, ou de sufrir enfermidade mental, ou calquera outra circunstancia da que razoablemente se deduza que poidan perturbar a orde ou o desenvolvemento de xogo.
Tamén é diferente esta renuncia do dereito de admisión que teñan os locais de xogo autorizados.
Normativa aplicable
Datos a ter en conta na inscrición no Rexistro de Prohibidos que leva a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior