Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Funcións e competencias

Funcións e competencias

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, polo que se regulan as funcións das secretarías xerais técnicas nas consellerías da Xunta de Galicia, e calquera outra que lle atribúa a normativa en vigor. Correspóndenlle, en particular:

  • O secretariado do Goberno da Xunta de Galicia e das súas comisións delegadas, con excepción da asistencia ás súas sesións, exercendo as competencias sinaladas no Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia.
  • A vicepresidencia da Comisión de Secretarios Xerais, correspondéndolle levantar acta das reunións para elevala ao Consello da Xunta de Galicia. Así mesmo, exercerá aquelas competencias que lle sexan encomendadas ou delegadas polo titular do departamento.

A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, ten encomendada a realización das seguintes funcións:

  • A prestación de asistencia técnica e administrativa ao secretario xeral en todos os asuntos que este lle encomende, propoñéndolle as actuacións que coide necesarias para a coordinación, o réxime interno e o funcionamento dos servizos da consellería.
  • A dirección das actividades do Servizo do Secretariado do Goberno, do Servizo Técnico-Xurídico, do Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa, do Diario Oficial de Galicia, do Servizo de Tradución e do Servizo de Rexistro Xeral.
  • A coordinación dos obxectivos e accións que lle encomende a Secretaría Xeral.
  • A preparación dos expedientes relativos ás funcións ordinarias de despacho e a sinatura dos asuntos de mero trámite.
  • A emisión dos informes que lle encomende o secretario xeral sobre disposicións de carácter xeral que deban someterse ao estudo da Comisión de Secretarios Xerais.
  • A substitución do secretario xeral da consellería, en todos os asuntos en que teña atribuídas competencias, nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante deste.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

A Subdirección Xeral de Servizos Comúns exercerá as seguintes funcións:

  •   A dirección do Parque Móbil da Xunta de Galicia.
  • As funcións derivadas da aplicación da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
  • A coordinación da asistencia médica facultativa ao persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia.
  • A xestión interna e a coordinación da prestación dos servizos de transporte de funcionarios e da cafetaría.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

A Subdirección Xeral de Xestión Económica e Persoal exercerá as seguintes funcións:

  • A elaboración do borrador do anteproxecto do orzamento da consellería e o seu seguimento e control.
  • O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos directivos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • A elaboración das instrucións necesarias para que os centros directivos mencionados efectúen unha correcta execución do orzamento.
  • A xestión do persoal adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Xustiza con respecto ao persoal da Administración de xustiza.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

A Subdirección Xeral de Contratación exercerá, entre outras, as seguintes funcións:

  • A xestión dos expedientes de contratación administrativa, segundo as competencias que na materia teña atribuídas o secretario xeral.
  • O control, coordinación e execución dos proxectos de obras da consellería.
  • A conservación e mantemento das dependencias dos servizos da consellería.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.