Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Que é a Secretaría Xeral?

Que é a Secretaría Xeral?

A Secretaría Xeral é o órgano encargado de realizar as funcións de estudo e documentación propias da Consellería, de xestionar os servizos burocráticos comúns desta, tales como o de persoal, contratación, xestión económica e orzamentaria, coordinación e réxime interior, salvo nos casos reservados ao Conselleiro ou aos Directores Xerais, e de prestar asistencia técnica e administrativa ao Conselleiro.