Estás en: Menú / Colectivos / Cidadáns

Información de riscos

Os riscos defínense como os posibles fenómenos ou sucesos de orixe natural ou xerados pola actividade humana que poden dar lugar a danos para as persoas ou os seus bens.

A xeografía, o clima e a riqueza natural e industrial de Galicia levan asociados riscos cos que convivimos diariamente.

En función da relación dos riscos coa súa orixe clasifícanse en: naturais, antrópicos e tecnolóxicos.

O principal problema dunha clasificación de riscos é a imposibilidade de definir a evolución dun evento determinado dentro dun grupo dos indicados anteriormente

Así, un desastre de orixe natural pode, durante o seu desenvolvemento, afectar a estruturas tecnolóxicas polo que serían necesarios medios e recursos distintos para loitar contra a nova emerxencia.

Unha vez identificados os riscos é necesario levar a cabo unha avaliación cuantitativa deles, para posteriormente planificar as medidas a adoptar no caso de que se materialicen.