Presentación

A Dirección Xeral de Xustiza constitúe o centro directivo da Administración autonómica encargado do desenvolvemento na nosa comunidade das competencias transferidas en materia de Xustiza mediante a cooperación cos órganos do Poder Xudicial, co Ministerio de Xustiza e demais institucións relacionadas co ámbito xudicial para abordar as necesidades da Xustiza en Galicia, coordinando a provisión aos xulgados e tribunais dos medios materiais e persoais precisos para acadar unha xustiza áxil e de calidade, aberta ao cidadán.

Así mesmo, intervén no nomeamento dos notarios e rexistradores en Galicia e realiza as propostas correspondentes sobre súas demarcacións; impulsa o dereito civil propio da nosa comunidade, así como a lingua galega no eido xudicial, promovendo as condicións necesarias para garantir o acceso da cidadanía á xustiza en condicións de igualdade de oportunidades no ámbito dunha administración moderna propia do século XXI.